Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

mércores, 17 de febreiro de 2016

Esta semá comezamos a lectura de Recinto Gris no Club de lectura de 2º de ESO. Moitas expectativas e desexos de seguir adiante. Un bo comezo!

14 comentarios:

  1. Este libro gustoume moito por como actuan os personaxes ante os lobos no recinto gris,o personaxe que mais me gustou foi o neno que ten alas, é imprescincible na historia e sen el Nube no podería salvarse . Recomendo este libro por toda a intriga que ten e é moi bonita a relación que manteñen os personaxes e como se defenden uns dos outros .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario Sofía. E pola recomendación que fas. Seguiremos lendo!

      Eliminar
  2. Este libro gustoume pola forma de redactar da autora que fai transportar ao interior da historia, pola súa tensión e intriga coa que te mantén durante todo o libro e pola orixinalidade e a peculiaridade dos persona es que fan que sexa unha historia máis levadeira. O meu personaxe favorito é Mun, o albino, por ser o máis forte e valente ao enfrontarse aos lobos e coidar de Nube ata o final e a transformación final para min foi a mellor parte do libro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Alba. Un comentario moi axustado e ben argumentado. Seguiremos lendo!

      Eliminar
  3. Este libro superou as miñas espectativas iniciais. Ó principio pensaba que non me sorprendería en absolutamente nada; pero quedei totalmente abraiado pola maneira de redactar da autora, polas impresionantes características das personaxes (sendo Nube a miña preferida, xa que me sento identificado con ela en certos aspectos) e polas súas peculiaridades, pola singular persoalidade do avó, pola valentía e tenrura de Mun... Tantas cousas me impresionaron que non podería dicilas todas.
    O final é algo incrible que me emocionou moito. Aínda que parece surrealista, é moi bonito o amor que hai entre Nube e o albino. Tan fermoso é que consegueu cousas impensables. Esta é con creces a miña parte favorita da historia.
    Eu recomendo este libro por tódalas razóns anteriores. Espero que vos animedes a lelo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Sergio pola túa aportación. Está ben que un libro guste e se, ademais, os personaxes son inesquecibles ou mesmo te podes identificar con eles, cumpre todas as ezpectativas ou, como ben dis, vai máis aló delas. Seguiremos lendo!

      Eliminar
  4. Pareceume ben. E digo so ben porque non é o libro que máis me gustara de todos os que lin. O que me gustou deste libro foi a intriga e temor que nos daba a ofrecer, e aínda que e pareceume un pouquiño "fantástico" a maneira de actuación dos personaxes e a maneira de desenvolve-lo conto pareceume espectacular e moi correcta para entedelo. Nalgúns momentos é como se transportara ao mundo destes seres, entre eles Nube, a protagonista. Como non, o personaxe que mais me gustou foi MUN, xa que é valiente, xeneroso, e una persoa de confiar. A parte que máis me gustou foi cando o avó de Nube traspasou o valo e rompeu coa regra de pisar o territorio dos lobos.
    A persaren das criticos(malas)que fixen, recomendo leren este libro pero xa, xa que se meterán nunha intriga incomodante e non querrán parar de lelo. So quédame una cousa por dicir; Noraboa á escritora, e como non, A Rosana, a persoa que nos encomendou este libro.
    NORABOA AS DÚAS!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Victoria, polo comentario e polas loubanzas. A ver se atopamos libros interesantes para seguir o noso percorrido!

      Eliminar
  5. Este libro gustoume moito,non só pola intriga que che convida a seguir lendo se non por como a autora entrelaza a historia,polas peculiaridades dos personaxes que os fan distintos pero tamén especiais,polas situacíons de misterio de aventura ou de risa pola maneira de actuar de Nube que che fai a lectura máis amena e por facer deste un gran libro.O meu personaxe favorito é Mun(o albino),gústame a súa maneira de actuar e de ser,como coida de Nube ata o final e como se comporta de forma valiente contra os lobos con tal de protexer aos demáis.Esta lectura sorprendeume moito e o final é moi inesperado,sinceramente abraioume.Eu tamén espero que vos animedes a lelo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Ainhoa polo entusiasmo. Seguiremos lendo!

      Eliminar
  6. Hai moi poucos escritores que consiguen que o seu libro teña intriga ata o final, e que non saibas o que pasa ata que pon FIN, é por iso polo que me gustou tanto este libro.
    O personaxe que máis me gustou foi Mun o albino, por esa capacidade que ten de protexer e de dar a cara polos seus amigos, e por lle importar máis a vida dun dos seus compañeiros ca súa.
    A verdade é, que cada semana que acababa de ler os capítulos que nos ibas dando quería saber máis, quería saber que pasaba xa ao final do libro, pero bueno valeu a pena a espera, o final é incrible.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Noemi. Si que pagou a pena a espera e a intriga. Seguiremos nesa liña, lendo con entusiasmo!

      Eliminar
  7. Este libro gustoume pero non é que me entusiasmara.
    O que mais me gustou foi a forma na que se expresaba a autora e que non sabes o que pasa ata que acabas o libro.
    O meu persoaxe favorito foi Mum,polo forma coa que trata a Nube

    ResponderEliminar
  8. Grazas Nuria polo comentario e pola suxestión. Haberá de terse en conta para as próximas lecturas!

    ResponderEliminar