Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

mércores, 24 de febreiro de 2016

No día de Rosalía!


Unha árbore de frores, de poemas e de soños! 
Por ela, por Rosalía.


Probe Galicia, non debes 
chamarte nunca española, 
que España de ti se olvida 
cando eres, ai!, tan hermosa. 
Cal si na infamia naceras, 
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despresa
 nai sin corazón se noma. 
Nadie por que te levantes 
che alarga a man bondadosa; 
nadie os teus prantos enxuga, 
i homilde choras e choras. 
Galicia, ti non tes patria,

ti vives no mundo soia,

i a prole fecunda túa
se espalla en errantes hordas, 

mentres triste e solitaria 

tendida na verde alfonbra

ó mar esperanzas pides,
de Dios a esperanza imploras. 

Por eso anque en son de festa 

alegre á gaitiña se oia,

eu podo decirche:
non canta, que chora.

Cantares gallegos (1863)







1 comentario: