Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

xoves, 18 de febreiro de 2016

Para rematar a semá, lemos, en 1º de Bach. o relato de Ledicia Costas que dá título á súa obra Un animal chamado néboa. 
Compartimos reseña e imaxe da portada.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.




10 comentarios:

  1. Estades en ruta!!!
    Norabóa desde un blog irmán, o Blogfesquío.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Este relato transládanos á Segunda Guerrra Mundial para facernos coñecedores da condición das mulleres nos campos de traballo e nos Sonderbauten da Alemaña naci.
    Alí non se poden considerar humanas porque non son tratadas como tales. Denígranas completamente, traspasan a liñas da súa intimidade, viólannas, trátanas coma escoria. Obrígannas a realizar traballos forzados, incompatibles coa súa condición física, xa que alimentación é pésima e insuficiente en relación a semellantes esforzos.
    Esgótanas e maltrátanas, coma animais de feira. Esta situación chega a un punto no cal elas mesmas perden o sentimento de ser humano, síntense obxetos, que son tratados sen a máis mínima compaixón.
    Nos Sonderbauten, non se vivía moito mellor, únicamente reciben unha mellor alimentación. Alí as mulleres eran obrigadas a prostituirse, o que destroza por completo a súa dignidade.
    Isto desemboca no suicidio da protagonista. Véndose impotente ante esta situación desmoralizante, pon fin a todo o sufrimento que levaba ás costas e que nunca daría rematado quitándose a vida.

    Dende o meu punto de vista, esta é unha historia impresionante que te destroza por dentro coa gran cantidade de inxustiza e violencia presentes en todas e cada unha das súas liñas. Sen dúbida recoméndolla a calquera. O seu carácter e intención fainos reflexionar sobre todo o dano que a gurra ocasionou e como as persoas pódense comportar coma animais, sen mostrar a máis mínima afinidade cos demais, facéndolles sentirse desganadas. Desganadas da vida e cansadas da dor. Todos deberíamos coñecer o reflexo que fai esta historia da condición da muller durante esta época.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Manuel, por un comentario tan completo! E por compartilo. Oportuno, ben redactado e, por suposto, axustado. Parabéns!

      Eliminar
  3. Este relato, situado na época da Alemaña nazi, intenta transmitirnos a insoportable vida que padecían as mulleres nos Sonderbauten e nos lagers durante a Segunda Guerra Mundial.

    Nestes lugares, as mulleres eran humilladas, forzadas a traballos insoportables e violadas. Ademais, as condicións nas que vivían eran pésimas, feito que provocaba a morte a moitas delas. A isto hai que sumar os experimentos médicos que realizaban con elas, como se fosen ratas de laboratorio.

    A protagonista deste relato tivo que pasar por ambas as experiencias: o duro traballo nos lagers e as continuas violacións nos Sonderbauten. Pero quizais o peor de todo isto, a parte máis macabra, non é o feito de que tivesen que padecer tales sufrimentos, senón que, intentando escapar dos lagers, encontraron un lugar moito peor nos Sonderbauten. Facíanlles crer que despois de 6 meses alí, acadarían a ansiada liberdade e só por iso merecía a pena intentalo. Sen embargo, a realidade era moi distinta e esta tremenda frustración, sumado a todo o indescriptible sufrimento que a protagonista padecera, fixo que finalmente deciside acabar coa sua vida.

    Este relato, non só logra transmitir moi ben a dura situación que as mulleres padecían, senón que tamén consegue que nos demos conta das diferencias existentes entre a nosa vida actual, onde pasar por estas situacións nos sería totalmente impensable, e unha realidade que non é tan lonxana. Creo tamén, que é un relato que axuda a reflexionar sobre o maltrato á muller e a xenofobia e, desde logo, nos achega á situación da muller na época nazi moito máis que calquera outro relato que lera antes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Alicia, pola aportación tan axustada ao que foi o relato e tamén pola túa valoración e visión persoal

      Eliminar
  4. "Gústame" a comparación do principio dos inventos que revolucionaron o mundo indiscretamente. É unha clara evidencia do temor que se vivía en silencio.
    Dame moita pena que unha parte das cousas que estudamos da historia do noso mundo sexa así, con estes finais tan tráxicos, con estas vivencias tan terroríficas. Creo que nunca somos conscientes ao 100% de todas as persoas que estiveron loitando e sufrindo día tras día, cunha mínima esperanza de saír con vida de aqueles pasaxes do terror. E paréceme que isto é o que querer reflexar este capítulo.
    Martha e Anne son sinónimo de que a unión fai a forza (neste caso, forza mental para poder sobrevivir e non pensar tanto na serie de malas experiencias que estaban a pasar).
    O desprezo ás mulleres nesa época era unha auténtica barbaridade.
    Creo que o autor deste libro pretendía que vivíramos dende dentro o que Martha estaba a pasar. E pola miña parte, o conseguiu. Mentras o leo, teño unha sensación enorme de angustia que seguidamente convértese tamén en nervios e medio polo que poida acontecer.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Paola! Un comentario ben sentido e polo tanto unha aportación persoal moi interesante. Aí seguimos!

      Eliminar
  5. Este relato, ambientado na Segunda Guerra Mundial inténtanos transmitir as condicións nas que se encontraban as mulleres nos Sonderbauten e nos campos de traballo (nos lagers) durante a Alemaña nazi.

    As condicións nas que se encontraban estas mulleres eran insoportables,dentro da pesima vida que levaban, sufrían uns malos tratos que o seus corpos non podían soportar, violábanas, utilizábanas, obrigábanas a realizar traballos incompatibles coa súa capacidade física e este feito era a causa da morte dunha gran cantidade delas. Quítanlles todos os seus dereitos ata o punto de ser utilizadas como se foran animais.

    A muller protagonista deste relato realizaba duros traballos nos lagers, estes traballos esgotaban as súas capacidades físicas ata o punto que vese na obriga de crerlles que se permanece durante un período de seis meses nos Sondernauten podería ser libre e finalizar con esta tortura. Pero o único que conseguiu foi que aínda empeorara a súa situación ata o punto que cree que despois de todas as mentiras que sufriu nunca podería escapar daquel lugar, o que fixo que acabara coa súa vida.

    Dende a miña opinión, este relato móstranos de maneira moi clara e realista a vida que sufrían estas mulleres neses tempos, o que nos permite que podamos ver o enorme cambio que sufriu a sociedade respecto a actualidade xa que agora non poderíamos imaxinarnos iso. Ledicia Costas intenta amosarnos as condicións de vida nos períodos de guerra, a enorme diferenza entre estes nazis e as mulleres maltratadas o que nos fai reflexionar sobre o maltrato á muller.

    ResponderEliminar
  6. Grazas Miguel pola túa aportación. Aí seguimos!

    ResponderEliminar