Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

venres, 6 de maio de 2016

Biblioteca Carlos Labraña. CEIP Nicolás del Río


O martes, día 3 de maio, estivemos na inauguración da Biblioteca Escolar do "Nicolás del Río" que a partires de agora chámase Biblioteca Carlos Labraña. Acompañamos ao homenaxeado e participamos nos eventos que se levaron adiante coa colaboración dos alumnos de 5º e 6º de primaria, estes últimos alumnos nosos dentro de poucos meses. Un cartel estupendo feito por Quique e un vídeo co que rimos un cacho. Grazas por ternos convidado e o noso recoñecemento a Rebeca, unha incombustible e estupenda coordinadora de biblioteca








.

Ningún comentario:

Publicar un comentario