Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

xoves, 19 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

E para rematar, unha mostra do que hoxe deu de sí a nosa Biblioteca. Os alumnos do Club de Lectura de 1º de Bacharelato, os voluntarios de 2º de ESO, e Antía aportaron o seu grao de area na conmermoración-celebración do Día das Letras Galegas cun recitado de poemas de Manuel María. Xan leunos un poema de creación propia polo que foi premiado e Clara acompañounos ao piano. Contamos coa dirección de orquestra inestimable de Paz e a presencia de María Xosé, Concelleira e Abel, o alcalde de Cedeira a quen se lle fixo entrega dun cheque simbólico coas aportacións do "mercadillo" solidario. Grazas a cantas personas disfrutan colaborando!
Mil primaveras máis para a lingua galega!


32 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. A min esta actividade pareceume moi entretida xa que foi un momento moi interesante con todos os alumnos e alumnas cantando e recitando poemas en memoria deste home.

    ResponderEliminar
  3. Para min ente día que dedicamos ás Letras Galegas en homenaxe a Manuel María, foi moi divertida porque os alumnos de bachiller recitaron unhos poemas, e nos cantamos unha canción, o cal me resultou moi divertido.

    ResponderEliminar
  4. Os alumnos de diferentes cursos deste instituto recitáronnos algúns dos poemas máis representativos deste autor, Manuel María, os cales foron moi agradables de escoitar, e posteriormente cantamos todos xuntos un dos seus poemas musicados.

    ResponderEliminar
  5. Na miña opinión esta actividade pareceume unha forma moi orixinal de conmemorar este día, xa que a mellor forma de facelo é participando nós mesmos nas diferentes actividades. Gustoume moito cando os alunmos de bachiller foron recitando cada un, un dos poemas de Manuel María, e sobretodo, cando cantamos todos xuntos ao final.

    ResponderEliminar
  6. Este día no cal celebramos as Letras Galegas, realizamos unhas actividades que me pareceron moi entretidas e interesantes, xa que en honor a Manuel María a quen se lle adicaron as Letras Galegas alguns alumnos recitaron uns poemas del e todos xuntos cantamos un dos seus poemas musicados. Dun xeito entretido puidemos recordar os seus poemas e formar parte deste día.

    ResponderEliminar
  7. É moi bonito ver a tanta xente conmemorando o noso día.

    ResponderEliminar
  8. A conmemoración deste día tan importante foi moi bonita con poemas dalguns dos nosos escritores galegos,a recitacion dos poemas puido ser mellor case non se lles oia pero estuvo bastante ben. Recordar o noso pasado e importante para a proliferación de novos escritores do Século XXI.

    ResponderEliminar
  9. Esta actividade gustoume moito por que estivemos todos xuntos na biblioteca escoitando como algúns alumnos do centro recitavan uns poemas de Manuel María acompañados polo pianoe tamen por que tivemos que cantar todos xuntos un poema musucado do mesmo autor.

    ResponderEliminar
  10. Esta actividade pareceume bonita para conmemorar o día das letras galegas e ademais é divertida xa que facemos algo distinto do que soemos facer na clase.

    ResponderEliminar
  11. Este día, celebrando as letras galegas foi moi conmovedor. Todos os alumnos de terceiro, cuarto e primeiro de bachiller nos reunimos na biblioteca. Xuntos disfrutamos do recitado duns poemas de Manuel María, os cales, parecéronme moi bonitos. Ademáis tivemos o placer de escoitar un poema en galego feito por un compañeiro noso.

    ResponderEliminar
  12. Esta actividade pareceume bonita por todo o conxunto de actividades, pero o que mais me gustou foi a entrega do cheque ao alcalde

    ResponderEliminar
  13. O recitar os poemas de Manuel Maria na biblioteca, pareceume algo orixinal e un bo metodo para cambiar un pouco da rutina diaria e despexarnos un pouco das clases antes da tempada de examenes.

    ResponderEliminar
  14. Estiveron moi ben os poemas sobretodo o que fixo Xan! Tódolos poemas xunto cunha cancíon cantada por todos fixo unha hora agradable.

    ResponderEliminar
  15. Esta actividade para conmemorar o día das Letras Galegas pareceume moi entretida. É unha forma moi axeitada de coñecer algúns poemas de escritores dunha forma máis lúdica. Espero que sigan facendo este tipo de actividades en conxunto con todos os alumnos para estar todos xuntos, pasalo ben e aprender.

    ResponderEliminar
  16. Pareceume unha gran actividade para celebrar o día das letras galegas xa que Manuel María é un gran poeta e ademáis os seus poemas foron acompañados dun gran recitado . Son Iván Pérez

    ResponderEliminar
  17. A verdade é que foi un momento moi bonito escoltando poemas y coa presencia do alcalde ainda mais .

    ResponderEliminar
  18. Estivo xenial a colaboración que tivemos todos os cursos, uns máis ca outros, en cantar e recitar as cancións e poemas. Encantoume a detalle da piano, aínda que fose só de fondo, xa que como fan da música clásica encantoume. Os poemas que elixiron transmiten as súas mensaxes dunhas maneiras bastante preciosas, polo que estiveron moi acertados.

    ResponderEliminar
  19. Gustoume moito esta actividade pola gran participación neste día que debe ser moi importante para todos os galegos.Foi diferente a do resto dos anos que levo no instituto e creo que a todos nos pareceu orixinal.
    Tamén comentar que é importante que algúns representantes do Concello acudisen ao Centro para celebralo con todos nós.
    Deberianse de facer máis actividades así.

    ResponderEliminar
  20. Este día conmemorando as letras galegas, que é o noso día, foi moi bonito e moi agradable

    ResponderEliminar
  21. Foi unha actividade que estivo ben, xa que antes non coñecia a Rubén María e os sus traballos, pareceume unha activiade agradable e teríase que facer mais a miudo.

    ResponderEliminar
  22. A actividade que fixemos no día das letras galegas pareceume moi interesante. Escoitar como recitaban os poemas de Manuel María pareceume moi bonito. Sobre todo gustoume moito cando todos xuntos cantamos. Espero que se sigan a facer este tipo de actividades.

    ResponderEliminar
  23. O recitado de poemas de Manuel María na biblioteca foi unha boa iniciativa porque de maneira distinta celebramos o Día das Letras Galegas e así conseguiuse que coñezcamos e recordemos máis a este autor.

    ResponderEliminar
  24. Facer esta actividade pareceume moi interesante, xa que outros anos polo menos no meu curso non facíamos nada no día da conmemoración da nosa propia lingua, por iso gustoume formar parte de dita celebración.

    ResponderEliminar
  25. Esta actividade pareceume moi interesante e a vez moi divertida. Nela puidemos conmemorar a nosa lingua e fixemolo pasando un moi bo rato. A parte que máis me gustou foi cando todolos cursos nos xuntamos e cantamos a canción "o Carro".

    ResponderEliminar
  26. Esta actividade que realizamos para conmemorar o Día das Letras Galegas foi moi educativa, xa que nos deron a coñecer algúns dos poemas de Manuel María, pero por outro lado tamén foi entretida xa que o recitado dos seus poemas foi realizado polos nosos compañeiros do centro. Foi unha boa maneira de facernos participar na celebración dese día tan importante.

    ResponderEliminar
  27. Esta actividade pareceume moi intersante e moi entretida. O mellor de todo foi a colaboración de todos para conmemorar ese dia tan especial para a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  28. Ao conmemorar o día das letras galegas creo que está moi ben facer algunha actividade ,xa que deberíamos de sentirnos orgullosos de que fora o noso día. A algunha xente olvidaselle de que ser de Galicia é demasiado importante.

    ResponderEliminar
  29. Interesante recitado de poemas,habería que repetilo.

    ResponderEliminar
  30. Estivo ben en si,o feito de poder aprender ou descubrir partes da tua cultura e un feito que se agradece,pero o que realmente me chamou a atención foi que deran a oportunidade de dar a coñecer OS traballos de alumnos do centro para que poidan tamen contar co apoio dos seus compañeiros,e e que realmente quen sabe si OS próximos en ser o autor a quen se lle adica o día e a un de nos?

    ResponderEliminar
  31. Esta actividade gustoume moito, xa que ensinaronnos cancions e poemas que eu polo menos non coñecia, recitaronos moi ben!!

    ResponderEliminar
  32. Esta actividade nun día tan especial para Galicia foi, na miña opinión, moi creativo. Algo fóra do normal, unha forma diferente de conmemorar este acontecemento e recordar a Manuel María.Tanto o recitado de poemas e a canción que cantamos gustáronme moito.

    ResponderEliminar