Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

mércores, 18 de maio de 2016

Marcapáxinas para libros solidarios

Estes son os marcapáxinas premiados entre os alumnos de 2º e 4º da ESO que estiveron a traballar na temática dos Refuxiados en Ética e Educación para a Cidadanía.A elección dos gañadores fixérona os alumnos de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.Todos os marcapáxinas que se fixeron son un agasallo para as persoas que contribuiron ao noso "mercadillo" coa súa doazon.
Grazas



29 comentarios:

  1. Os marcapáxinas foi un traballo que a min pareceume moi emocionante xa que iba referido ao tema dos refuxiados. A min gustoume facer o meu aínda que ao principio non sabía ben que facer. Sobre os marcapáxinas gañadores parécenme xustos gañadores xa que estan moi ben feitos, son moi orixinais e se ven moi traballados. Esta foi das actividades que máis me gustou posto que o tema dos refuxiados para min e un tema que tiña que ter moita máis importancia da que se lle da e a ver se así podemos facer algo.

    ResponderEliminar
  2. Este traballo pareceume moi orixinal. Creo que non temos moi presente o tema dos refuxiados, e con isto, axúdanos de algunha maneira a darnos conta da situación na que están algunhas persoas, e poder axudar. Gustoume moito facelo, aínda que ao principo non se me ocorría o que debuxar, para transmitir a principal idea.

    ResponderEliminar
  3. Realizar estes marcapaxinas para min foi unha actividade moi bonita, xa que igual que co "mercadillo solidario" puidemos lembrar e ter presentes os refuxiados, dun xeito simbólico e tendo en conta o que estan vivindo.Oxala poidamos contribuir a que todo sexa mellor para eles.

    ResponderEliminar
  4. Pareceume unha pérdida absoluta, xa que o diñeiro gastado en pinturos e papeis para facer marcapáxinas que non van a axudar aos refuxiados, poderíase empregar para axudalos de verdade; como o diñeiro do mercadillo que si foi ven empregado.

    ResponderEliminar
  5. A realización destes marcapaxinas foi moi laboriosa necesitouse bastantes dias polo pouco tempo pero vendo como quedaron alguns deles valeu a pena pasámolo ben facendoos que e o importante.

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito esta actividade xa que me pareceu moi orixinal que tiveramos que elavorar uns marcapáxinas paara a xente que comprara libros no mercadillo solodario recivira un.

    ResponderEliminar
  7. Todos os marcapáxinas gañadores parecéronme moi bonitos, ademais de que deixan unha mensaxe. O meu favorito é o do ollo chorando, porque me parece moi orixinal e representativo.

    ResponderEliminar
  8. Esta actividade do marcapáxinas foi moi acertada porque complementouse con o mercadillo, e ademais salíu en alguns casos, uns marcapáxinas moi ben feitos

    ResponderEliminar
  9. Esta actividade foi moi creativa. A través dun debuxo nun marcapáxinas puidemos representar unha idea ao noso gusto. Os marcapáxinas gañadores transmiten unha mensaxe libre de interpretación pero que á vez móstrannos unha perspectiva moi clara da vida.

    ResponderEliminar
  10. Esta actividade pareceme divertida e dinámica, para que os adolestentes se den conta do gran problema dos refuxiados e da dificil situacion na que se encontran.

    ResponderEliminar
  11. É incrible ver como algo tan simple como un debuxo pode transmitir unha mensaxe tan directa a realista do noso mundo actualmente. En xeral todos os marcapáxinas foron bastante bos, e a actividade estivo bastante ben pensada. O mellor foi o contento xeral da xente e a alegría de habelo feito.

    ResponderEliminar
  12. Aínda que algúns coma min non se nos de moi ben isto de debuxar foi divertido facelos e sobretodo a causa da obra. Moi currados os gañadores!

    ResponderEliminar
  13. A elaboración dos marcapáxinas foi a actividade que máis me gustou nesta evaluación. Tanto os gañadores como os que non, parecénme moi orixinais ao poder expresar a través deles a vida ou o que podemos percibir nos dos refuxiados.

    ResponderEliminar
  14. Baixo meu punto de vista , a idea de realizar estes marcapáxinas en honor aos refuxiados é moi boa xa que mostrámoslle o noso apoio neste momento tan complicado que están pasando e é unha forma de indicarlle que non están sós . Son Iván Pérez .

    ResponderEliminar
  15. A iniciativa dos marcapáxinas resultoume moi orixinal e atraínte.Penso que é unha boa idea a de relacionar actividades para os rapaces e rapazas das nosas idades con temas reais da vida e así poder concienciarnos do que ocorre ao noso redor e poder axudar dalgunha maneira.
    Os gañadores parecéronme moi axeitados e reflicten moi ben o problema do que se trata.

    ResponderEliminar
  16. Esta actividade parecemou a máis entretida de este ano en ética e ademáis foi por unha boa causa que é a de axudar os refuxiados que tan mal o pasan, e facelo para axudar sempre e máis bonito.

    ResponderEliminar
  17. Na miña opinión, no foi unha activiade demasiado productiva pero igualmente estivo ben representar a nosa idea dos refuxiados nun marcapáxinas.

    ResponderEliminar
  18. Esta actividade de realizar marcapáxinas pareceume moi orixinal e a min pareceume actividade máis entretida deste trimestre. Sobre todo gustáronme moito os marcapáxinas gañadores xa que expresaban moi ben a vida dos refuxiados. En xeral todos os alumnos que participaron traballaron moito facendo os marcapáxinas.

    ResponderEliminar
  19. incrible o que se pode transmitir simplemente cun debuxo! Ainda que o meu marcapáxinas non fose nin por asomos premiado, pareceume unha actividade que da para reflexionar moito sobre a situación, xa que non é o mesmo que che pidan unhas palabras a un debuxo. Foi a actividade que mais me gustou.

    ResponderEliminar
  20. A idea de facer marcapáxianas para regalalos cos libros que se comparaban no mercadillo solidario pareceume boísima!.Tamén se premiou aqueles que estaban mellor, e a verdade é que todos reflexan moi ben a situación dos refuxiados.

    ResponderEliminar
  21. Foi unha moi grata experiencia para min poder transmitir a miña tristeza e a dor que sinto polas persoas que, sen ter culpa ningunha, están a vivir un dos peores momentos na sua vida debido a guerra. Esta idea tamén me pareceu unha idea moi orixinal e gratificante a vez.

    ResponderEliminar
  22. Esta actividade pareceume moi orixinal, xa que cada un de nós tiña que transmitir nun debuxo os seus pensamentos. Ademais de orixinal e entretida, a elaboración destos marcapáxinas axúdanos a poñernos un pouco na pel dos que de verdade necesitan axuda. Os marcapáxinas que gañaron están moi elaborados e son moi bonitos.

    ResponderEliminar
  23. O traballo dos marcapaxinas pareceume un traballo moi entretido. Os debuxos e as frases dos marcapaxinas transmitiron ´moito. Ao principio non me decidia moito a que debuxar. Os marcapaxinas gañadores pareceronme os mais acertados.

    ResponderEliminar
  24. Creo que as veces é moito máis bonito expresar o que sintes con debuxos que expresandoo coas tuas palabras. E eso fixemos,aparte de facer entretidas as clases , reflexionamos un poco sobre a situación dos refuxiados .

    ResponderEliminar
  25. Esta actividade pareceume moi fermosa, pero sobre todo un modo perfecto de facernos pensar na vida dos refuxiados e todo o que viven para fuxir da guerra, arriscandose a perdelo todo. Os marcapaxinas pareceume unha idea moi interesante e cada un expresaba dende un punto de vista distinto o sufrimento e o esforzo destas persoas, pero en especial os gañadores.

    ResponderEliminar
  26. A actividade estivo ben,dedicámoslle moito tempo pero mereceu a pena porque os marcadores quedaron bastante ben.

    ResponderEliminar
  27. Foi das que mais me gustou, xa que o debuxo parece a mellor forma de entender a visión de cada un,o mais chamativo e o lugar donde se plasma un marcapaxinas!
    Realmente orixinal e sen perder o seu verdadeiro significado concienciar a xente do que ocorre e do que poden aportar sin esforzó para marcar una diferencia.

    ResponderEliminar
  28. Este traballo fixonos reflexionar moito sobre a vida dos refuxiados e a sorte que temos de vivir e ter o que temos. Ademáis gustaronme moito os marcapaxinas ganadoras!

    ResponderEliminar
  29. Paréceme increible esta actividade. Na miña opinión, penso que é unha maneira moi boa de facer reflexionar aos nenos e nenas do mundo no que viven e de todo o que teñen hoxe en día.
    Respecto aos marcapáxinas, foi unha idea moi creativa, que aproveitouse cun mercadillo que non puido ter máis éxito!

    ResponderEliminar