Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

mércores, 26 de outubro de 2016

Estaba eu hoxe á pescuda de libros de medo e misterio, por aquelo de que ven aí o Samaín, e atopei un libro de Poe e pensei: "este está a punto de desencolarse, xa lle sae unha pestana polo lombo". E probei a tirar, a ver que pasaba. Misteriosas mensaxes chegadas do futuro chegaron ás miñas mans! Rin e non puiden menos que pensar que en medio de tanto misterio, un pouco de tolería é ben de agradecer! Grazas Iria Horjales Rodriguez, Claudia Pérez e Paula Nebril Nebril, por ter formado parte do noso club de lectura que vós vistes nacer, ao que puxestes nome e que segue a navigar polas estrelas! Grazas polos consellos e polos soños! Feliz travesía!


Ningún comentario:

Publicar un comentario