Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

xoves, 6 de abril de 2017

Despois de tres anos de remodelacións, expurgos, catalogacións e recatalogacións varias, hoxe subimos e actualizamos o perfil da nosa bilbioteca tal como é hoxe. 
Aquí aparecen os nosos espazos, os máis desexados e máis usados polos alumnos e outros rincóns que ofrecen posibilidades para todos.
O agradecemento máis sincero a unha morea de xente que ten contribuído ao que vedes aquí. Especial mención para os nosos voluntarios, os membros dos clubs de lectura e os profesores que formaron e forman parte do equipo da biblioteca. Pero tamén a todos os entusiastas seguidores da nosa biblio e os acontecementos que arredor dela se celebran.
Grazas a todos!
Por un futuro cheo de historias!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario