Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

sábado, 29 de abril de 2017

DÍA DOS MAIOS


Dicía Vicente Risco que "a Festa dos Maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza" 
A nosa festa empezou por unha invitación dos Discalzos PoloFestival para participar na súa recuperación desta festa tradicional que o día 29 de maio celebrarán na Vila Vella de Cedeira. Coa aportación e o traballo de moita xente, dende os alumnos dos Ciclos que soldaron a estrutura ata todos os que pasaron en algún momento pola Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira e quixeron aportar o seu grao de area. 
Aquí vos deixamos unha mostra do que significa colaborar.
Pasade mañá pola festa, cantade, celebrade a primavera e sobre todo convivide! Grazas a todos









Ningún comentario:

Publicar un comentario